O Goberno local de Redondela vén de anunciar o investimento de 344.559,71 € en diversas actuacións que buscan a mellora e acondicionamento da rede viaria municipal nas parroquias de cara a facilitar a mobilidade da veciñanza e garantir as condicións de seguridade tanto para a circulación rodada como para a peonil.
Chapela
O primeiro dos traballos ten como fecha prevista de inicio o vindeiro 9 de decembro e permitirá o acondicionamento e mellora do Camiño de Subido, en Chapela, que contará cun investimento de 17.245,30 euros.
Reboreda, Cesantes, Cedeira
Tres obras máis iniciaranse na segunda semana de xaneiro do 2022 –arredor do día 10– e serían os traballos de acondicionamento e mellora da estrada de San Paio de arriba e contorna, na parroquia de Reboreda, cun orzamento para a súa execución de 67.172,26 euros; pavimentación dos camiños Petadas, Subido, Galo, Castañal e Eido de Bras, nas parroquias de Cesantes e Chapela, cun investimento de 61.093,09 euros e ensanche do Camiño do Albarrén entre o Camiño Fortóns e a liña 810 de Adif en Cedeira, cun orzamento de 121.968,00 euros.
Santo Estevo de Negros
Finalmente, para o 24 de xaneiro está previsto o inicio dos traballos de Mellora do camiño do Piñeiro e Santo Estevo, na parroquia de Santo Estevo de Negros, para o que se destinan 79.081,06 euros.
Digna Rivas subliñou a importancia dos traballos que se van a realizar ao ser obras “longamente demandadas pola veciñanza é as que o Goberno local da agora cumprida resposta”.
“As parroquias son as grandes esquecidas dos anteriores gobernos”, non dubidou en asegurar a alcaldesa de Redondela quen lembrou “que para min e para o Goberno que presido, as parroquias son unha prioridade”. O obxectivo, apuntou Rivas “é mellorar e acondicionar todos os camiños e estradas do rural” porque, dispoñer de boas comunicacións, seguras e cómodas “é un dereito dos veciños e non un favor que lles faga o Concello. É o seu dereito”, afirmou con rotundidade.
A alcaldesa de Redondela lembra que “queda aínda moitísimo traballo por facer porque, repito, as nosas parroquias foron as grandes esquecidas”.