O Museo MARCO acollerá os sábados 11 e 18 de decembro unha novidosa iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra. Trátase de “Cinema Mulleres”, un ciclo de cinema feminista promovido pola institución en colaboración co Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo e o propio MARCO.
Visibilizar, reflexionar e debater con perspectiva de xénero no cinema, vencellando dous contextos socioculturais tan diferentes como próximos: Galicia e Arxentina. Este ciclo é aberto á cidadanía que pode inscribirse xa no enderezo [email protected] .
11 de decembro
O ciclo arrancará o sábado 11 de decembro ás 17.30 horas coa proxección das curtametraxes “Xoves de comadres” (2020) da galega Noemí Chantada, e “Sola en Purmamarca” (2014), da arxentina Carolina Zarzoso Paoloni. Ao seu remate será a quenda da longametraxe “Mujeres de la mina” (2014), da tamén arxentina Loreley Unamuno. A continuación, terá lugar un coloquio coas tres directoras.
18 de decembro
No caso do sábado, 18 de decembro, terá lugar a proxección da curtometraxe “Trabajadoras del transporte” (2020), da arxentina Verónica Pérez e da longametraxe “Nación” (2020) da galega Margarita Ledo. Tralo visionado das películas terá lugar novamente un coloquio coas directoras.
Tanto na xornada do 11 de decembro como na do 18 tamén se poderán ver anuncios con perspectiva de xénero.Galicia vive neste momento un momento doce en canto á produción audiovisual, situándose como un dos focos da vangarda da creación cinematográfica a través do “Novo Cinema Galego”.