Tal e como informara vigoalminuto, a chegada este martes dunha profunda borrasca situada sobre Irlanda deixará en Galicia precipitacións importantes. Ademáis, tamén traerá vento forte do suroeste e ondas superiores aos 6 metros de altura no mar. De ahí que hoxe todo o litoral galego estea en alerta laranxa.
Aviso amarelo por choivas
En zonas do suroeste da Coruña e do interior de Pontevedra; na Mariña, o noroeste da Coruña, a montaña de Lugo e o interior da Coruña están en ‘aviso amarelo por choivas’ e ventos superiores aos 80 quilómetros por hora. Ademaís, a Mariña y as Rías Baixas están en alerta por vento no mar.
Alerta laranxa, tamén o mércores
Según informa MeteoGalicia, para este mércores, día 8, tamén está activada a ‘alerta laranxa’ no litoral galego por ondanadas de máis de 6 metros. Así mesmo, haberá ‘aviso amarelo’ por neve nas montalas de Ourense e Lugo e o mesmo aviso na Costa da Morte e as Rías Baixas, por vento no mar.
Máis choiva o xoves
O xoves, día 9, Galicia continuará na influencia das baixas presións atlánticas. Deste xeito os ceos estarán moi nubrados ao longo do día, con precipitacións que serán máis intensas en xeral pola tarde.
As temperaturas ascenderán, de xeito máis acusado nos valores máximos. Por cidades, Ferrol, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo terán unha máxima de 14, con mínimas de 12; Santiago non pasará dos 13 e Lugo terá 12 grados de máxima.
Os ventos soprarán de compoñente oeste con intervalos fortes ao longo do día no litoral e zonas altas do interior.