Comarcas

A Deputación cancela os seus eventos con grande cantidade de público, pola COVID

O primeiro, a conferencia do arquitecto e urbanista danés Jan Gehl

Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra vén de decidir cancelar os seus eventos con grande cantidade de público. Así se acordou no grupo de goberno “seguindo o principio de prudencia ante a situación actual da COVID“, para evitar riscos de cara ás festas de Nadal nas que a maioría da poboación quere realizar reunións familiares.

A programación prevista pola institución provincial seguirá con actividades de formato máis reducido: todas limitarán a súa capacidade a pesares da autorización do 100% dos aforamentos realizándose preferiblemente ao exterior cando sexa posible.

Conferencia de Jan Gehl

O primeiro grande evento afectado por esta medida será a conferencia maxistral do arquitecto e urbanista danés Jan Gehl. O relatorio ía celebrarse este xoves 16 ao abeiro da clausura da Facultade Ágora e xa estaban apuntadas arredor de 300 persoas, ademais de detectarse un fluxo crecente de inscrición que ía superar a capacidade permitida.

A organización decidiu renunciar a desenvolver a conferencia en lugar de realizala vía telemática -como as feitas ata o de agora ao abeiro da Facultade- debido ao interese do propio Gehl por coñecer ‘in situ’ a realidade da provincia de
Pontevedra.

A clausura da Facultade Ágora segue adiante

A pesares da cancelación da conferencia maxistral de Gehl, o acto de peche da Facultade Ágora vai seguir adiante. Será extremando as condicións de seguridade, nun formato máis reducido e limitado exclusivamente ao alumnadoque seguiu os seminarios dende o pasado mes de abril, que recibirá o título acreditativo de ter aprobado o exame de capacitación.

También te puede interesar