Ciencia y Tecnología Destacados

O Goberno destina 4,6 millóns a facer ‘intelixentes’ 172 edificios de Vigo

En todos os barrios da cidade

La oposición alerta de que el Gobierno local podría aprobar el PXOM en plenas navidades

O delegado do Goberno en Galicia anunciou hoxe a apertura de licitación por 4,6 millóns de euros do subministro para a posta en marcha da iniciativa “Vigo edificios intelixentes. Unha cidade para as persoas. accesible, eficiente e comprometida”, a través da convocatoria de Red.es (entidade do Ministerio de Asuntos Económicos e Avance Dixital) que publicou onte o Boletín Oficial do Estado (BOE).

172 edificios repartidos por toda a cidade

José Miñones avanzou que, grazas a esta iniciativa, que financia o Goberno de España nun 80% e o Concello no 20% restante, Vigo situarase na “vangarda” das cidades españolas. “Falamos dun investimento que reflicte a aposta decidida do Goberno pola transformación das cidades en territorios e destinos intelixentes, máis competitivos, verdes e eficientes”, engadiu.

Co obxectivo de facer de Vigo unha cidade intelixente, este proxecto convertirá 172 edificios repartidos por todos os barrios en nodos intelixentes capaces de medir diferentes variables: ambientais, de satisfacción global, de seguridade ou de calidade de vida. Estes datos serán comunicados á plataforma Vigo Smart City coa finalidade de producir fluxos de información que melloren os servizos públicos e o seu alcance e eficacia.

Ofertas abertas dende o 22 de xaneiro

O prazo de recepción de ofertas para os subministro deste proxecto estará aberto ata o 22 de xaneiro de 2022 e a apertura de ofertas realizarase o día 5 de abril de 2022. O contrato terá unha duración de 20 meses.

Tamén na Coruña

O delegado do Goberno indicou que, xunto con Vigo, o Ministerio de Asuntos  Económicos impulsará proxectos piloto similares noutras sete cidades españolas, entre as que está tamén A Coruña. As oito cidades foron seleccionadas na convocatoria de “Proxectos Pilotos de Edificios Intelixentes”. Con estes proxectos pilotos, poderase obter información real da aplicación das tecnoloxías á mellora da calidade de vida e da xestion dun edificio.

Plan Nacional de Territorios Intelixentes

O Plan Nacional de Territorios Intelixentes ten un obxectivo dobre, por unha banda, apoiar ás entidades locais no seu proceso de transformación cara a cidades e destinos turísticos intelixentes, impulsando unha implementación óptima dos recursos TIC na redefinición dos servizos públicos, e por outro, fomentar a consolidación dun sector tecnolóxico provedor de solucións Smart City.

Este plan leva mobilizados ata o momento máis de 200 millóns de euros en toda España sumando as distintas convocatorias de Cidades Intelixentes, Edificios Intelixentes e Destinos Turísticos Intelixentes.  

También te puede interesar