Os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán desde este luns, día 27, un total de 120.100 novas máscaras. Trátase dunha iniciativa coordinada pola Deputación de Pontevedra no marco do acordo de colaboración institucional coa Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), para facer chegar o material de protección aos colectivos máis vulnerables.
Criterios obxectivos
As máscaras repartiranse con criterios obxectivos en función da poboación e do factor de envellecemento dos concellos como se vén facendo dende o comezo da pandemia.
Con esta son xa cinco as reparticións de máscaras efectuadas pola Deputación, sumando un total de 386.600 unidades. En concreto, a institución provincial achegou unha primeira remesa de 57.000 máscaras en maio de 2020, unha segunda de 97.500 en setembro, unha terceira de 58.000 en novembro e outra de 54.000 en decembro, grazas a este plan de cooperación institucional.
Así se reparten as máscaras
A Deputación enviou unha carta aos alcaldes e alcaldesas da provincia para informarlles da chegada deste novo envío destacando que o material está destinado “aos colectivos máis vulnerables do voso territorio”, xunto a operarios de limpeza e residuos sólidos, traballadores/as sociais e policías locais.
Ademais explica os criterios de reparto, que asignan 1.250 unidades aos concellos de menos de 3.000 habitantes; 1.900 aos que teñen de 3.000 a 5.000: outras 2.500 aos que contan de 5.000 a 10.000 habitantes; serán 3.050 unidades aos de entre 10.000 e 15.000 habitantes e, finalmente, 3.500 aos concellos de 15.000 a 20.000 habitantes.
Comarca de Pontevedra : 23.000
11 Concellos
Poio 3.550
Cerdedo-Cotobade 2.500
Caldas de Reis 2.500
Ponte Caldelas 2.500
Cuntis 1.900
Vilaboa 2.500
A Lama 1.250
Moraña 1.900
Barro 1.900
Portas 1.250
Campo Lameiro 1.250
O Salnés: 28.300 mascarillas
11 concellos
Sanxenxo 3.550
Cambados 3.050
O Grove 3.050
Vilanova de Arousa 3.550
Valga 2.500
Meaño 2.500
Meis 1.900
Ribadumia 2.500
A Illa de Arousa 1.900
Catoira 1.900
Pontecesures 1.900
Comarca de Vigo: 24.250 mascarillas
10 concellos
O Porriño: 3.550
Nigrán: 3.550
Gondomar: 3.050
Mos: 3.550
Baiona: 3.050
Salceda de Caselas: 2.500
Soutomaior: 2.500
Pazos de Borbén: 1.250
Fornelos de Montes: 1.250
Comarca do Deza e Terra de Montes: 10.650 mascarillas
6 concellos
Silleda: 2.500
Vila de Cruces: 2.500
Forcarei: 1.900
Rodeiro: 1.250
Agolada: 1.250
Dozón: 1.250
Comarca do Morrazo: 6.600 mascarillas
2 concellos
Moaña: 3.550
Bueu: 3.050
Comarca do Baizo Miño: 13.500 mascarillas
5 concellos
Tomiño: 3.050
Tui: 3.550
A Guarda: 2.500
O Rosal: 2.500
Oia: 1.900
Condado Paradanta: 13.800 mascarillas
8 concellos
Salvaterra de Miño: 2.500
A Cañiza: 2.500
As Neves: 1.900
Mondariz: 1.900
Covelo: 1.250
Arbo: 1.250
Crecente: 1.250
Mondariz-Balneario: 1.250