O musical ‘Antoine’ chega á cidade esta semana dentro da súa xira por todo o Estado e representarase no Auditorio Mar de Vigo os días 29 e 30 de decembro, nas que serán as únicas citas en Galicia.
A obra, recoñecida co prestixioso Premio Max ó espectáculo revelación, conta a incrible historia do creador de ‘El Principito’ e representa a unión que existiu entre o seu autor e o seu principal personaxe.
Campaña de Nadal ‘4×3’
A campaña do Nadal “4×3 (4 entradas polo prezo de 3)” continúa activa ata as 23.59 horas do 31 de decembro con descontos en todos os eventos programados ata o 31 de xaneiro que estean á venda a través de teuticket.com. Últimos días para utilizar o Bono Cultura da Xunta de Galicia con descontos nas entradas de ata un 50%. Estas deben adquirirse de maneira presencial no despacho de billetes do Auditorio, só ata o 31 de decembro.