Unha das primeiras medidas ordenadas por Alejandro Lorenzo, novo alacalde do Porriño é a reparación urxente de todos os parques infantís do concello. As actuacións comezaron esta mañá.
Lorenzo decidiu que “o mantemento dos parques infantís corre directamente á competencia da Concellería de Deportes, que conta con medios propios para acometer esta actuación de emerxencia que se estenderá a todos os do municipio que atópanse nun estado lamentable“.
O alcalde anunciou que se fará un “mantemento diario” e que “a principios de ano trataremos de destinar un orzamento para mellorar os parques infantís do Porriño cunhas instalacións acordes ao século que vivimos”.