O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o decreto polo que se reducirá en 2022 a suba das peaxes das
autoestradas autonómicas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) nun 2,5%.
Reducir o impacto do IPC
Este xoves, día 23, o Gobeno galego acordou limitar as consecuencias do incremento do IPC -do 5,09% -nas tarifas aos usuarios e autorizou a modificación do convenio coa concesionaria Autoestradas de Galicia co obxectivo de limitar a suba das tarifas.
Para iso, a Xunta achegará 550.000€ para reducir o impacto da suba do IPC nas peaxes das autoestradas autonómicas aos cidadáns.
Incrementos de 5 céntimos
De modo máis concreto, dado que as peaxes en AG-55 e AG-57 se redondean a 5 céntimos para os distintos itinerarios, o efecto desta medida é diferente segundo o treito.
Para vehículos lixeiros, a suba máis elevada será a mínima, de 5 céntimos. Na AG-55 e para vehículos lixeiros, co incremento de tarifas de acordo co IPC, de 11 itinerarios subirían 6. Porén, coa limitación establecida pola Xunta ao 2,5%, só subirán 2 treitos e en todos estes auméntase un importe mínimo, de 5 céntimos.
Autoestrada do Val Miñor
Na AG-57 e para vehículos lixeiros, coa suba de acordo co IPC, de 12 itinerarios subirían 10. Non obstante, limitando a suba ao 2,5%, só aumentan o prezo 6 itinerarios, e todos eles na contía mínima, de 5 céntimos.