A Deputación de Pontevedra mobilizará este 2022 preto de 2,5 millóns de euros (2.481.074€) para o Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes.
Axuda no Fogar
A Xunta de Goberno vén de aprobar hoxe as bases deste plan, que asigna 1,2 millóns de euros (1.254.750€) para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar nos domicilios por parte de persoal especializado. A eles angádense outros 1,2 millóns (1.226.324€) para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.
Máis persoal
A presidenta Carmela Silva, subliñou que a principal novidade neste 2022 estará no apartado do persoal, no que a Deputación estenderá o financiamento do perfil da persoa auxiliar administrativa. “Contribuíndo así a axilizar os procesos administrativos dos Servizos Sociais Comunitarios que se atopan desbordados, moito máis agora que aínda estamos a sufrir a Covid e as súas consecuencias”.
Esta modificación beneficia aos concellos de Arbo, As Neves, Crecente, Cuntis, Meis, O Rosal, Pontecesures, Portas,
Rodeiro e Vilaboa, que suman un total de 60.145€ a maiores na súa asignación.
Un servizo “fundamental”
Carmela Silva cualificou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como “fundamental” e lembrou que atende a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade.
No caso do coste do persoal, finánciase a contratación de persoas traballadoras administrativas e tituladas medias e superiores dos Servizos Sociais Comunitarios destes concellos, entre os que se inclúen os profesionais do Servizo de Educación e Apoio Familiar.
Investimento por comarcas
A Paradanta
No Plan de Cofinanciamento dos Servizos Comunitarios Municipais, a comarca da Paradanta ten asignados neste 2022 un total de 178.704€, que se reparten da seguinte forma: Arbo (50.566€), A Cañiza (55.846€), Covelo (36.387€) e Crecente (35.904€).
O Condado
No caso do Condado, recibirá 168.434,91 euros, distribuídos do seguinte xeito: Mondariz (56.079,21€), Mondariz- Balneario (22.697,20€), As Neves (36.733,21€), e Salvaterra (52.925,29€).
Baixo Miño
Por outra banda, o Baixo Miño percibirá 258.061,15€, dos que A Guarda recibirá 59.866€; Oia 25.541€; O Rosal, 33.861; Tomiño, 59.042€, e Tui 79.750€.
Val Miñor
Val Miñor ten consignados 188.350 euros, que se repartirán entre Baiona (51.310€), Gondomar (56.446€) e Nigrán (80.594€).
O Deza
O investimento en Deza acada os 254.598€, con Agolada (50.633€), Dozón (41.867€), Rodeiro (32.899€), Silleda (68.354€) e Vila de Cruces (60.844€).
Tabeiros-Terra de Montes
Tabeirós-Terra de Montes recibirá 113.634€,dos que Cerdedo-Cotobade ten asignados 59.534€ e Forcarei 54.099€.
Comarca de Vigo
A comarca de Vigo percibirá 221.937€, dos que Fornelos terá 26.395€; Mos, 80.864€; Pazos de Borbén, 24.094€; Salceda, 60.088,86€ e Soutomaior, 30.494 €.
O Morrazo
No caso do Morrazo, ten asignados 132.745€, dos que Bueu recibirá 51.786€, e Moaña 80.959€.
O Salnés
A comarca do Salnés ten consignados 526.165€, repartidos do seguinte xeito: Cambados (54.670 €), Catoira (21.337 €), O Grove (65.235€), A Illa (28.521€), Meaño (55.042€), Meis (37.239€), Pontecesures (27.681 €), Ribadumia (29.296€), Sanxenxo (80.264 €), Valga (43.939 €) e Vilanova (82.939€).
Comarca de Pontevedra
Finalmente, a comarca de Pontevedra recibirá 438.444€: Barro (39.097€), Caldas (50.907 €), Campo Lameiro (27.328 €), Cuntis (47.535€), A Lama (41.345€), Moraña (23.577 €), Poio (92.756€), Ponte Caldelas (52.946 €),
Portas (35.821 €) e Vilaboa (27.130€).