Iso mesmo. Están acusados do furto das vías do tren. Son dous veciños de Maside e outro do Carballiño, investigados pola Garda Civil na ‘Operación Rail’.
Están denunciados como presuntos autores dun delito continuado de furto por levarse as vías do tren en Ponte ambos, no concello de Xunqueira de Ambia, e en Paderne, en Allariz, segundo indican fontes da Benemérita.
‘Oxicorte’
As mismas fontes indican que, presuntamente, cortaban as vías cun soplete de gas, un método chamado “oxicorte”. Por estes feitos están investigados polo Xulgado de Instrución número 1 de Ourense.