Ciencia y Tecnología Galicia

Ecoloxistas en Acción pide as máximas precaucións co “Bosque do Pracer”

E o respecto e preservación do seu espazo natural

Ecoloxistas en Acción pide as máximas precaucións co "Bosque do Pracer"

Despois de terminadas no ‘Bosque do Pracer’ as obras incluídas no plan provincial de cooperación da Deputación de Ourense, que Ecoloxistas en Acción cualifican de “trapallada maiúscula”, ao ONG advirte, tanto ao Concello de Verín, como á Conselleria de Medio Ambiente da “inminente devasa”.

Respecto e preservación do espazo natural

Ecoloxistas en Acción Ourense, solicitan que se fomente usos tradicionais e respectuosos co medio, “rexeitando completamente os actuais usos invasivos e agresivos”.

Ademáis, piden que se preserve o espazo natural do río Támega, que está declarado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

Concepto errado de “paisaxismo”

Os ecoloxistas subliñan que non se pode ter unha vila verde e uns bosques de ribeira cincentos. O concepto errado de “ paisaxismo” cun “ambente natural” pode levar á inminente curta de sotobosque e hábitats de ribeira próximos ao río desde Verín ata a mesma fronteira, podendo afectar a esta xoia natural coñecida como Bosque do Pracer.

Traballo manual

Apuntan que a sega de herba das contornas do río, debería realizarse manualmente con segadora, e non con rozadora, en prados seminaturales e veigas tradicionais non serían negativas, pero tampouco estamos en época diso.

Ecoloxistas en Acción, denuncian que “vimos observando unha roza sistemática e moi agresiva da vexetación de ribeira, rózanse as beiras de moitos ríos para facilitar o acceso dos pescadores. Esta devasa está promovida directamente pola Conselleria de Medio Ambiente que paradoxicamente propuxo a súa protección e é quen debería velar polo seu coidado”.

También te puede interesar