Cultura Vigo al minuto

Xa podes consultar centos de fotografías de Vigo dixitalizadas pola Deputación

Corresponden á segunda metade do sécuilo XX e son de fotoxiornalistas como Llanos, Magar, Cameselle ou Rafa

Xa podes consultar centos de fotografías de Vigo dixitalizadas pola Deputación

Os fondos gráficos da Asociación da Prensa de Vigo veñen de ser incorporados a Atopo (www.atopo.depo.gal) , o metabuscador de acceso libre e gratuíto creado pola Deputación de Pontevedra. Agora mesmo, poden ser xa consultados en liña por toda a cidadanía.

Estes fondos documentais da Asociación foron depositados en 2006 no departamento provincial, dirixido pola deputada María Ortega, e posteriormente organizados e ordenados. Quedaba pendente a catalogación do fondo gráfico, traballo que se abordou e finalizou durante 2021.

Máis de 500 imaxes

Trátase dun fondo formado por fotografías, diapositivas, tarxetas postais e outros soportes do que se incorporan ao metabuscador Atopo. Trátase de 509 rexistros, testemuña da vida política, social, económica e cultural de Vigo e da provincia de Pontevedra na segunda metade do século XX.

Pescadores en el Puerto de Vigo, Cameselle, 1981

Llanos, Magar, Rafa ou Cameselle

Máis de 300 desas imaxes levan o selo de Ángel Llanos, histórico fotoxornalista vigués. O resto foron realizadas por outros recoñecidos fotoxornalistas dos medios galegos como Magar, Cameselle ou Rafa así como por fotógrafos da provincia (Terol, Pako, Manolo, C. Gómez, Raimundo Cal, Ruiz, Siorty…) que traballaban como colaboradores da prensa viguesa.

‘Hoja del lunes’

Como curiosidade o fondo conta con cinco fotografías enmarcadas das sucesivas xuntas directivas da Asociación entre 1942 e os anos 60 así como oito credenciais de diferentes reporteiros que traballaban en diferentes lugares da provincia como colaboradores da ‘Hoja del Lunes’, desaparecida en 1981.

Te podría interesar