Galicia Vigo al minuto

900 positivos por COVID nos colexios galegos dende que empezaron de novo as clases

A Xunta entregará 50.000 test de saliva nos centros

900 positivos por COVID nos colexios galegos dende que empezaron de novo as clases

O luns, día 10, data no que comezaron as clases nos colexios de Galicia, logo das vacacións de Nadal, había uns 13.000 casos de COVID relacionados coa comunide educativa (alumnos, persoal docente e non docente), onte os datos da Xunta informaban de 13.891. Nestes días, dacordo coa mesma información, foi preciso pechar 11 aulas.

50.000 test de saliva nos colexios

Por iso, o presidente Feijóo anunciou onte que Educación distribuirá 50.000 test de saliva nos centros educativos. A finalidade é facilitar que se fagan ‘cribados’ nas clases nos que haxa un positivo por COVID.

“Aos nenos da clase nos que haxa un positivo entregaráselles un test de saliva para que no momento de levantarse ao día seguinte poidan facerllo e evitar contagios nas aulas”, explicou Feijóo en rolda de prensa.

Vacinación de galegos de entre 30 e 39 anos

Na mesma comparecencia, Feijóo anunciou que entre o mércores 19 e o domingo 23 de xaneiro, empezará a vacinación coa ‘terceira dose’ dos galegos de entre 39 e 30 anos.

O presidente indicou que a próxima semana podería acabar a do colectivo de entre 49 e 40 anos e dos rapaces de 5 a 11. Neses días están citadas 127.000 persoas daquela faixa de idade e uns 49.000 nenas e nenos desas idades.


También te puede interesar