A Asociación Veciñal de Teis, manifesta a súa oposición a redución dos horarios na liña L10, ao seu paso pola parroquia. Os veciños pìden a Vitrasa que repoña inmediatamente este servizo.
Dende o mes pasado
Nunha nota enviada aos medios de comunicación, a asociación sinala que dende decembro, a liña de autobús L10, con itinerario desde a rotonda das Torres de Padín en Teis ate a baixada a praia de Saians, reduciu os seus horarios.
Asegura que na actualidade está liña só ofrece catro saídas ( 5:35 horas, 6:15 horas, 7:15 horas e 8:05 horas) e tres chegadas (6:11 horas, 7:05 horas e 7:50 horas) en Teis, e o resto da xornada está liña finaliza na praza Eugenio Fabrique.
Os veciños sen servizo
“Isto supón deixar a unha a veciñanza Teis, que usaba esta liña sen servizo“, algo que non pode xustificarse coa folga dos traballadores de Vitrasa por que xa rematou hai semanas.
Por iso, os responsábeis da Asociación, advirten que non aceptarán que “se pretenda eliminar, na práctica, unha liña que dende hau moitos anos atende a Teis” e entenden que o Concello ten que obrigar a Vitrasa a que cumpra coa súa obriga.
Carta ao segundo tenente de alcalde
A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito ao segundo tenente de alcalde e concelleiro de Transporte, Javier Pardo, e a Vitrasa, para esixir a reposición inmediata de todos os horarios da liña L10.