Gonzalo Caballero non seguirá como portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, o terceiro da Cámara. Caballero, que en 2020 conqueria un dos peores resultados do PSdG na súa historia, perdeu o mes pasado a Secretaría Xeral dos socialistas galegos ante Valentín González Formoso.
Luis Álvarez
O lucense Luís Álvarez será o novo portavoz socialista. González Formoso trasladou a súa decisión á prensa, logo dunha reunión da executiva do PSdG na que tamén se acordou a renovación da dirección do grupo parlamentario.
Lugo, clave
O nomeamento de Álvarez, é o recoñecemento do líder socialista sa importancia que tivo a provincia de Lugo na súa vitoria: alí Formoso contou co apoio da alcaldesa, Lara Méndez, e do presidente da Deputación, José Tomé.