Un total de 24 mulleres de diferentes idades participaron na que foi a primeira quenda do ano do curso de defensa persoal feminina que organiza o Concello do Porriño, coa colaboración do Ministerio de Igualdade, o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a Policía Local.
Monitores de defensa persoal e axentes da Policía Local
O curso conta con monitores de defensa persoal que, en colaboración con axentes da Policía Local, ensinan ás participantes técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais.
Participación da concelleira de Igualdade
A concelleira de Igualdade, Carolina González, participou hoxe da clase e ao terminar animou a todas as mulleres a acudir ás seguintes xornadas. “É unha experiencia enriquecedora e moi práctica para a nosa vida cotiá que nos axuda a estar preparadas para resolver situación de risco”, apuntou a edil.
Asistencia gratuita
Para asistir non é preciso ter unas condicións físicas específicas nin rexistro previo. A asistencia é totalmente gratuita e está aberta a que participen mulleres dos concellos da contorna.
As clases impártense en dúas quendas ao mes, en sábados alternos, polo que a vindeira será o sábado 29 de xaneiro, como sempre no ximnasio Jovhen Sport de 10h a 12h.