A Asociación Veciñal de Teis cualifica de “vergoña e escándalo” que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, realice dende hoxe obras na autoestrada AP9 para construír uns “apartaderos de emerxencia”, no tramo dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa, e non mellore os mesmos.
Os seus responsábeis subliñan que dende hai anos que denuncian que os pasos elevados da Xorxa e da Trapa carecen de mantemento que é necesario para “garantir a seguridade”.
Sen resposta do Goberno
O pasado mes de decembro, a asociación veciñal dirixiuse por escrito Raquel Sánchez Jiménez, Ministra de Transporte, para a reivindicar solucións as demandas sobre a autoestrada AP-9 , que afectan a Teis. Entre elas están a instalación de pantallas contra o ruido e a mellora dos pasos elevados, “é aínda non recibimos ningunha resposta”.
Falta de apoio do Concello de Vigo
Os veciños tamén lamentan a falta de implicación do goberno municipal de Vigo e do seu alcalde, Abel Caballero, que en relación coa autoestrada AP9, a pesar de moitas xuntanzas con responsábeis deste Ministerio, “non foi quen de conseguir nin tan sequera que se melloren uns pasos elevados”.