Comarcas

O Porriño transformará o ‘Quiosco de Mucha’ nunha biblioteca

A idea está impulsada por Tatiana Pérez

O Porriño transformará o 'Quiosco de Mucha' nunha biblioteca

O coñecido “Quiosco de Mucha” iniciará unha nova etapa este curso transformado en Biblioteca de Patio do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios.

Este quiosco, que forta un dos elementos máis representativos da Praza Arquitecto Antonio Palacios levaba varios anos en desuso e atopándose nunhas pésimas condicións. Por iso o Concello decidiu retiralo no ano 2016 e desde entón permanecía “tirado” nas instalacións municipais de Torneiros.

Recuperalo

Tatiana Pérez, responsable de Biblioteca deste centro escolar de Torneiros, impulsora da iniciativa, o vía cada mañá ao acudir ao cole e plantexou darlle una ‘segunda xuventude’.

“O quiosco de Mucha é algo especial para todos os porriñeses e pareceume que sería interesante reutilizalo”, explica Tatiana, “Desde hai anos levamos a cabo un plan de mellora do patio e tamén pretendemos levar a lectura a máis espazos do centro. O quiosco é perfecto para axuntar ambas as cousas reconverténdoo nunha biblioteca de patio onde os nenos e nenas poidan coller libros para ler e tamén xogos de mesa no recreo”.

Colaboración do alcalde

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, visitou o colexio para interesarse polo proxecto e comprometeuse a colaborar no que sexa necesario para a súa posta en marcha. Así, o  Concello levará a cabo a restauración e posta a punto do quiosco, que inclúe o cambio de xanelas, reparación do interior e instalación de chan.

“Pareceume unha idea marabillosa e faime unha especial ilusión que este quiosco tan emblemático da nosa vila se convirta nun lugar que albergue libros e reivindique o hábito de ler entre os máis pequenos como unha alternativa de lecer”, afirmou Lorenzo, “Os nenos e nenas do Porriño de entón crecemos acudindo ao quiosco de Mucha e alégrame enormemente que os nenos  e nenas do Porriño de agora poidan seguir facéndoo”.

O rexedor anunciou que esta semana comezará unha ronda de visitas aos centros escolares para coñecer da man dos seus equipos directivos as necesidades que presentan.

También te puede interesar