Provocador, comprometido, artista e, sobre todo, moi divertido. Así é Leo Bassi, un dos clowns máis coñecidos do mundo que a vindeira semana actuará en Galicia.
O venres, 28, en Salceda
Concretamente, o xoves día 27 Lugo; o venres, 28, en Salceda e o sábado, 29 de xaneiro, en Viveiro, subirá aos escenarios co seu espectáculo Yo, Mussolini, no que volve posicionarse fronte á extrema dereita e o actual auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista.
Divertido e optimista
Será un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista.Yo, Mussolini é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia. E é que a mensaxe máis importante desta peza de Leo Bassi é que o fascismo crece polo medo que xera, e que o mellor antídoto contra ese medo é o sentido do humor.
Entradas
27/01 en Lugo: https://www.entradaslugo.es/evento/teatro/yo-mussolini
29/01 en Salceda de Caselas: Recoller na Casa da Cultura