Os galegos que teñen entre 29 e 18 anos empezarán a recibir a terceira vacina da COVID dende o martes da próxima semana, día 25 de xaneiro…iso sí: sempre que pasasen cinco meses desde que lles foi administrada a segunda dose.
165.000 mozos
Segundo dixo hoxe Feijóo, ao remate do Consello da Xunta, o SERGAS ten previsto chamar a 165.000 persoas desta faixa de idade. O presidente engadiu que esta convocatoria chega xusto despois de que se citase a 175.000 galegas e galegos de entre 39 e 30 anos.
O presidente apúntase á moda ‘planetaria’
En perfecta simetría cun importante diario galego, líder, tamén en recibir aportacións da administración galega, o presidente asegurou que Galicia está “entre as tres rexións con maior vacinación da UE” o cal, engfadiu, “é como dicir practicamente do mundo”...unha referencia planetaria que da certo rubor e que emprega moito outro líder local.