Vigo al minuto

Seguimento total da folga na conserva de peixe

Centos de traballadoras atenderon a convocatoria de CIG, CCOO e UGT e mobilizáronse esta mañá en Vigo en coincidindo coa primeira das tres xornadas de folga no sector das conservas de peixe previstas para este venres 21 de xaneiro e para o xoves 3 e o venres 4 de febreiro.

As centrais sindicas reclaman un convenio colectivo digno e denuncian a «ruptura unilateral das negociacións por parte da patronal».

Seguimento do100%

Segundo os sindicatos,, na primeira xornada de paros, que as tres centrais desenvolverán mobilizacións conxuntas en Vigo,Vilagarcía e Boiro, o seguimento foi prácticamente do 100% e a asistencia ás concentracións convocadas -na nosa cidade a protesta terá lugar diante da Xunta ás 10:00 horas; na localidade arousana
será na Praza de Galiza ás 11:00 e en Boiro celebrarase diante do Concello ás 12:00 horas- “multitudinaria”.

A patronal non se senta a negociar

O representante da CIG criticou a actitude da patronal, que decidiu suspender de xeito unilateral a seguinte xuntanza da mesa de negociación, prevista para o vindeiro día 27.

“Poñen como escusa a folga, pero o certo é que levamos un ano de contactos e a parte social sempre se amosou disposta a negociar”. Por iso considera un erro que o empresariado rache unilateralmente a mesa de negociación “porque entendemos que o fai como represalia pola convocatoria, que é un dereito fundamental da clase traballadora”.

Intento de boicotear a folga

Ao mesmo tempo, censurou que «a patronal estea a distribuír un comunicado polas empresas para intentar boicotear a folga», algo «inaudito» no sector até o de agora.

Deste xeito, a responsábel sindical considera que “vendo esta actitude está claro que este convenio vai dar moita guerra”. Tamén os mandos intermedios das empresas -asegurou- «están a intentar coaccionar os comités para que non secunden a folga e mesmo fan contra asembleas nas propias fábricas».

Perda de poder adquisitivo

En canto ao contido das conversas, reiterou que non se pode firmar un convenio por debaixo do IPC real. “Se o IPC de 2021 a nivel estatal foi do 6,5% e a patronal está a ofrecer para ese ano unha suba do 2,25% a perda de
poder adquisitivo está moi clara”.

Para 2022 ofrece un 3%, para 2023 un 2,20% “e para 2024 propón unha fórmula que impide que saibamos canto vai ser a suba real”.

Folga xustificada

En consecuencia, incidiu o representante da CIG, «a folga está cada vez máis xustificada, por moito que pretendan facer dubidar as traballadoras”. Explicou que as centrais están a facer asembleas en todas as empresas “e percibimos un
descontento importante entre os cadros de persoal porque a patronal está a escusarse na suba do prezo da electricidade para ofrecer un incremento salarial de miseria”.

Un persoal que acudiu a traballar na pandemia

Finalmente, lamentou que a patronal pague deste xeito o esforzo e o compromiso do persoal dun sector que foi esencial durante a pandemia e que lle permitiu ao empresariado elevar os seus beneficios durante este período.

.

También te puede interesar