A Concellería de Vías e Obras da Guarda ven de acometer diversos traballos de repavimentado e reposición da sinalización horizontal de viarios públicos. O obxectivo destas obras é a mellora da seguridade viaria en todo o concello.
Reposición da capa de rodadura
Estes traballos supuxeron a reposición da capa de rodadura e novo pavimentado con asfalto na rúa Baiona, Julia Vaquero, parte da Rúa Bechos, O Muniño(A Gándara) e o entorno da zona escolar do CEIP MR.Sinde na Rúa Tui.

Bandas redutoras de velocidade
Dentro destas accións de mellora da seguridade vial, implementáronse novas bandas redutoras de velocidade en diferentes puntos da vila, como na Baixada á Praia de Fedorento e Area Grande, Rosentes, entre outras.
Todas estas accións conlevaron tamén unha nova sinalización horizontal co repintado das zonas de aparcamento, carga e descarga e minusválidos. A maiores, dotouse á rúa Baiona dunha nova iluminación en led, así coma unha nova reordenación do tráfico e das zonas de aparcamento.
Plan Concellos 2021
Estas actuacións leváronse a cabo con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, cun importe de máis de 67.000€.