Os seguidores destes dous xigantes do rock están de sorte. Nunha soa noite poderán escoitar a dúas das bandas máis representativas do rock’n’ roll español, lendas na historia da música do noso país, Barón Rojo e Obús.
Barón Rojo está inmerso na súa xira de despedida chamada ‘El último vuelo’, cos irmáns De Castro á fronte da nave; e Obús presentan a xira 40º aniversario con Fortu, Paco e compañía, heavy metal do bo cun directo ao seu nivel.
Dous colosos fronte a fronte
Será o vindeiro 8 de abril, unha oportunidade única para gozar en directo de temas como ‘Resistiré, ‘Los rockeros van al infierno’, ‘Cuerdas de acero’, ‘Siempre estás allí’, ‘Dinero, dinero’, ‘Va a estallar el obús’, ‘El que más’, ‘Vamos muy bien’ e unha infinidade de temas que xa forman parte da nosa memoria colectiva.
Tanxugueiras, Mikel Erentxun, The Eels ou Leon Bridges
Este novo evento completa o intenso calendario musical do Auditorio para os vindeiros meses cos xa confirmados Nacho Vegas (12 de febreiro) Mikel Erentxun (25 de febreiro), Alberto Pla (12 de marzo), Quique González (25 de marzo), Tanxugueiras (1 de abril), Miss Caffeina (2 de abril), así como artistas de gran dimensión internacional como The Eels (12 de abril) e Leon Bridges (10 de xullo).
Todos eles elexiron o Auditorio Mar de Vigo para as súas xiras e todos presentarán aquí os seus novos discos. Para algúns dos espectáculos, como a actuación de Tanxugueiras, as entradas xa están esgotadas desde hai días.
Chega ‘Remember Queen’, co mellor dobre do mundo de Freddie Mercury
O Mar de Vigo tamén incorpora o 11 de marzo á súa programación ‘Remember Queen’, a mellor homenaxe a Queen do mundo, á súa música, e á emblemática figura do seu lider Freddie Mercury, nos seus mellores momentos artísticos e musicais antes da súa desaparición.
Ó fronte deste espectáculo está Piero Venery, considerado o mellor dobre de Freddie do mundo, e que ten un asombroso parecido, mesmo na voz e nos movimentos corporais.
O público poderá presenciar un excelente percorrido por moitos dos grandes éxitos que xunto a Brian May, Roger Taylor e Jhon Dicon conseguiron ao longo do tempo coa súa música.
No espectáculo utilizarán a coreografía e o vestiario exacto que en cada momento de éxito Freddie Mercury e a súa banda chegaron a utilizar, ademais do acompañamento de vídeos orixinais con paneis luminosos e escenografia. O espectáculo pasou con gran éxito por diversas cidades do mundo, aclamado polos fieis seguidores de Queen.
Toda a información sobre a venda de entradas na web www.teuticket.com.