Ciencia y Tecnología Destacados

Incremento dun 6% da nómina para 13.561 profesionais do Sergas

A metado son médicos e profesionais de Enfermería

Incremento dun 6% da nómina para 13.561 profesionais do Sergas

A Xunta infoma de que un total de 13.561 profesionais do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), e entidades adscritas, teñen un “incremento retributivo vinculado ao recoñecemento dun novo grao de carreira profesional”.

Na actualidade perciben algún grao de carreira profesional 20.198 traballadores do Sergas e entidades adscritas á
Consellería de Sanidade. No que atinxe á atención primaria, preto do 90% de profesionais (88,37 % ) teñen recoñecido algún grao de carreira.

En dous anos

O pago en nómina do incremento vinculado ao complemento de carreira produciuse en dúas anualidades, distribuído nunha porcentaxe do 50% en 2021 e 50% en 2022, polo que o 100% das contías do novo grao abonaranse a partir deste ano. Suporá un incremento retributivo medio do 5,92%.

13.561 profesionais

Dos 13.561 profesionais do Servizo Galego de Saúde que teñen melloras retributivas asociadas a un novo grao de carreira profesional distribúese no seguintes colectivos: 3.345 son licenciados sanitarios persoal facultativo; 3.558 son diplomado sanitarios das categorías de enfermeira, matrona, fisiote rapeuta etc; 705 son técnicos de FP C1,
técnicos especialistas sanitarios; 1.988 son técnicos de FP C2, técnicos auxiliares de cuidados; e 3.965 persoal de xestión e servizos e técnico de FP C1.

Destes profesionais, o 2,12% accederon ao grao I, o 46,76% ao grao II, o 20,18% ao grao III e o 30,94% ao grao IV.

Todas as categorías profesionais

O complemento de carreira profesional representa un “importante incremento retributivo” para todas as categorías profesionais que se traduce nun importe anual de 3.216,48€ para licenciados sanitarios; a maioría deles persoal facultativo; 2.010,24€ para diplomados sanitarios nas categorías de enfermería; 2.589,12€ para Grupo A1 de
xestión e servizos; 1.812€ Grupo A2 de xestión e servizos; 1.168,56€ para o grupo C1 de xestión e servizos e técnico de FP C1; 991,80€ para o grupo C2 de xestión e servizos e técnico de FP C2 e 801,48€ para o grupo AP de xestión e
servizos.

Contías mensuais

As contías mensuais que perciben os profesionais por este complemento (por cada grao) son as seguintes: 268,04€ para os licenciados sanitarios; 167,52€ para diplomados sanitarios; 215,76€ para Grupo A1 de xestión e servizos; 151,00€ para Grupo A2 de xestión e servizos; 97,38€ para o grupo C1 de xestión e servizos e técnico de FP C1; 82,65€ para o grupo C2 de xestión e servizos e técnico de FP C2; 66,79€ para o grupo AP de xestión e servizos.

Aberto o prazo para solicitar o acceso aos graros I a IV

O Servizo Galego de Saúde ten aberto, ata finais de mes, o prazo para solicitar o acceso aos graos I a IV de carreira profesional correspondente á convocatoria de 2021. Trátase do primeiro proceso de acceso aos graos de carreira profesional polo sistema ordinario para o persoal do Sergas e entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo e a primeira convocatoria de carreira profesional na que se aplicará o baremo ordinario.

También te puede interesar