Un dos tripulantes do pesqueiro galego ‘Playa de Tambo’, pertecente a armadora Pesquerías Marinenses (Pesmar), da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI), faleceu nas últimas horas após sufrir un accidente.
O ‘Playa de Tambo’, que estaba en augas internacionais, preto de Arxentina, navega cara ao porto de Montevideo, onde agárdase que chegue este mércores.
No momento do suceso o falecido realizaba labores de recollida de abadexo e contaba con todos os equipos de protección. A súa familia xa está informada do tráxico accidente e agarda a chegada a Uruguai do barco para a repatriación do corpo.