Comarcas Vigo al minuto

Covelo destina 77.129€ á mellora de camiños municipais e acceso a parcelas agrícolas

Achegados pola Xunta através de AGADER

Covelo destina 77.129€ á mellora de camiños municipais e acceso a parcelas agrícolas

A Xunta, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), vén de conceder unha achega de 77.129€ ao Concello de Covelo ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais.

Así llo comunicou hoxe o  delegado territorial en Pontevedra, Luis López, na súa visita ao Concello de Covelo para supervisar  as obras realizadas coa anterior convocatoria na compaña do alcalde, Pablo Castillo.

Varios concellos do Condado

En concreto, a resolución deste departamento da Consellería do Medio Rural outorga 87.899 euros á Cañiza, 77.129 euros a Covelo, 50.004 euros a Crecente, 45.392 euros a Arbo, 64.904 euros a Ponteareas, 59.519 euros ás Neves, 54.828 euros a Salvaterra, 54.668 euros a Mondariz e 28.949 euros a Mondariz-Balneario.

Mellora das pistas municipais de uso agrícola

“A Xunta vai inxectar máis de medio millón de euros nestas bisbarras do interior sur da provincia para a mellora das súas pistas municipais de uso agrícola, algo que é fundamental para axudarlles a facilitar a súa mobilidade interna e tamén a destinada a estas tarefas do campo. Ademais, a aposta pola colaboración cos concellos refórzase aínda máis, xa que a partida increméntase de xeito considerable nunha media dun 30% con respecto a 2021″, sinalou o representante autonómico.

Visitas a pé de campo

Na súa visita ás bisbarras, o delegado territorial acudíu a supervisar en primeira instancia a mellora de camiños en Godóns, no termo de Covelo, que foi executada cunha achega de 61.519 euros do Plan Marco 2021-2022. Esta actuación dá continuidade ás realizadas en anos anteriores, ao abeiro deste mesmo programa, nos lugares de Sal Salvador de Prado, Prado de Canda, Piñeiro, Campo, Barciademera, Casteláns, Santa Mariña, Paraños e Covelo por un importe de 320.449€.

Mellora do acceso ás explotacións gandeiras

“Con esta actuación puidemos mellorar o acceso á explotacións gandeiras como a de Sutibal, a complexos turísticos como o Lugar dos Devas e aos fogares da veciñanza da zona dando un paso máis na mellora continua dos servizos a cidadanía”, explica o alcalde Pablo Castillo.

También te puede interesar