O servizo do Aparello Dixestivo da Área Sanitaria de Vigo ven de incorporar á súa carteira de servizos unha novidosa técnica para o tratamento dos trastornos motores esofáxicos, a Miotomía endoscópica por vía oral, denominada POEM.
Deste xeito, o Álvaro Cunqueiro convértese así no único hospital de Galicia no emprego deste procedemento minimamente invasivo indicado en pacientes con Achalasia.
Achalasia
A Achalasia é un trastorno esofáxico que dificulta o paso dos alimentos e líquidos desde o esófago -que conecta a boca co abdome- cara ao estómago. Se produce cando, por diferentes motivos, se danan os nervios do esófago, xerando unha inadecuada actividade motora da súa musculatura e motivando esa gran dificultade para inxerir os alimentos. Isto causa regurxitación e perda de peso e, en consecuencia, un importante deterioro da calidade de vida de o paciente.
Miotomía
O tratamento deste trastorno baséase na diminución da resistencia do paso dos alimentos polo esófago, a través dunha Miotomía; isto é, o corte do músculo do extremo inferior do esfínter esofáxico para permitir que os alimentos pasen mais facilmente ao estómago. A Miotomía xa víñase realizando con cirurxía convencional.
Alternativa á ciruxía
Segundo explica o doutor Antonio Rodriguez “a nova técnica permítenos unha alternativa á cirurxía convencional, e seccionar o músculo esofáxico de xeito non invasivo, cunha abordaxe transoral, sen feridas externas. Xa levamos utilizado esta técnica en 9 pacientes e cuns excelentes resultados. Ten demostrado unha eficacia clínica superior ao 90% dos casos, cunha redución da estancia hospitalaria e unha máis rápida recuperación do paciente.”
Consolidación de novas técnicas endoscópicas
O servizo de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo consolida a incorporación de novas técnicas endoscópicas para o tratamento de trastornos motores esofáxicos, que complementan outras abordaxes xa establecidas no centro, como a cirúrxica e a dilatación endoscópica.
Hai un ano, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) autorizou a realización da Miotomía endoscópica por vía oral no Álvaro Cunqueiro. Para isto, foi necesario un período de formación dos profesionais, coa asesoría de especialistas referentes na técnica a nivel nacional.
Ademais, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) conta cun laboratorio experimental en endoscopia (LIFE), que é unha sala específica de formación nestes tipo de técnicas, que posibilita a realización de prácticas con simuladores dixitais e con modelos ex-vivo.
Formación de médicos e persoal de enfermera
O traballo do equipo dirixido polos doutores Antonio Rodríguez D´Jesús e Luisa de Castro, asociado á dispoñibilidade deste laboratorio, facilita que tanto os facultativos como o persoal de enfermaría de Dixestivo, poidan formarse nestes novos procedementos.
O Cunqueiro na primeira liña de avances técnicos a nivel estatal
Para o xefe do Servizo, doutor Rodriguez Prada, o hospital Álvaro Cunqueiro sitúase na primeira liña dos avances científicos e tecnolóxicos a nivel estatal, e anuncia a intención de tramitar a solicitude para “converterse en referencia desta técnica en toda Galicia, para ofrecer unha alternativa segura e eficaz aos pacientes da nosa comunidade”.