As pensións de xubilación que cobran as galegas e os galegos seguen a ser as segundas máis baixas do Estado. Dacordo cos datos digundidos este venres polo Ministerio de Inclusión e Seguridade Social, a ‘pensión media’ de xubilación en Galicia acadou este mes os 1.053,71€, preto de 200€ menos que a media do Estado.
A pensión de xubilación de Galicia so está por diante da de Estremadura que se sitúa, de media, en 1.038,54 euros mensuais.
Media total
Segundo os mesmos datos do Goberno, a “pensión media do sistema” en Galicia, é dicir a que comprendería as pensións de xubilación, incapacidade, viuvez, orfandade e a favor de familiares, está en 925,24€, o que supón un aumento de 2€ en relación con xaneiro.
768.343 pensionistas
En Galicia hai 768.343 persoas que cobran algún tipo de pensión, o que supón, aproximadamante, o 28,5% da poboación. Delas, 482.729 perciben unha pensión de xubilación- un 18%-.
654,5€ da pensión de viuvez
184.952 galegas, en su maioría, cobran unha pensión de viuvez, que está, de media, en 654,54€ mensuais; 70.578 perciben unha pensión de incapacidade permanente, cunha media de 938,71€ mensuais; 23.322 teñen unha paga de 430,44€ por orfandade e 6,762 persoas perciben unha pensión en favor de familiares, de 561,83€.