Destacados Vigo al minuto

O BNG pide ao Concello que actúe ante o «abandono» da Praza da Independencia

Subliña o «estado de deterioro que presenta o monumento aos heroes da Reconquista»

O BNG pide ao Concello que actúe ante o "abandono" da Praza da Independencia

O Bloque Nacionalista Galego pide que o Goberno municipal actúe ante o abandono da Praza da Independencia. Dende o BNG recóllense as denuncias e queixas da veciñanza da zona, que alertan sobre a «falla de mantemento e de limpeza polo desleixo do goberno de Abel Caballero».

Empedrado, zonas axardinadas, limpeza e coches aparcados en espazo peonil

«Son evidentes os desperfectos, con empedrado levantado, zonas axardinadas abandonadas, falta de limpeza e a crecente presenza de vehículos estacionados neste grande espazo peonil», explica o concelleiro Xabier P. Igrexas. Entre os estragos, a veciñanza destaca o estado de deterioro que presenta o monumento aos heroes da Reconquista, situado no corazón da praza.

Abandono

«Unha praza que foi emblema no seu momento dese ambicioso e audaz proxecto de humanización real da cidade e de democratización do espazo público, impulsado polo BNG, e que supuxo a súa peonalización como tamén no caso do Calvario», apunta Igrexas, que lamentou que estes e outros espazos importantes para a veciñanza de Vigo continúen padecendo a falla de xestión do Goberno local.

Non todo son «primeiras pedras e grandes inauguracións»

«A política non se pode reducir a primeiras pedras e grandes inauguracións», criticou o edil do Bloque. «Non podemos seguir asistindo a como se degradan diferentes ámbitos da cidade porque alí non se quere poñer o foco propagandístico«, remachou. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.