Destacados Vigo al minuto

Denuncian que o alcalde vende como ‘boa xestión’ a privatización de servizos públicos

A CIG apunta a que non se convocaron 284 prazas de funcionarios entre 2017 e 2021

Denuncian que o alcalde vende como 'boa xestión' a privatización de servizos públicos

A sección sindical da CIG no Concello de Vigo denuncia que o Goberno local ‘vende’ como boa xestión o aforro
económico derivado do proceso de privatización dos servizos públicos.

12 millóns son de gastos de persoal non contratado

Isto é así, indican dnde a central sindical, porque “preto dun terzo dos máis de 45 millóns de euros remanentes de 2021 que se veñen de incorporar aos orzamentos deste ano corresponden a gastos de persoal, e na súa maior parte a prazas vacantes pendentes de cubrir nas distintas ofertas de emprego.

No pleno municipal do pasado mes de febreiro aprobouse a incorporación destes remanentes de 2021 aos
orzamentos deste ano, o que supón unha cantidade total de 45,8 millóns de euros.

Dende a CIG sinalan que case unterzo destes cartos corresponden a gastos de persoal (Capítulo I), maioritariamente ao aforro de non cubrir as vacantes que están pendentes de convocar nas distintas ofertas de emprego”.

3,3 millóns de persoal funcionario; 1,7 de persoal laboral

“O alcalde fartouse de ‘vender’ este aforro como froito da súa boa xestión e anunciou que estes millóns
empregaranse nas obras de Balaídos, en becas de inglés, humanizacións, festas, ascensores, etc; pero o que non dixo
foi de onde sae este diñeiro”.

Neste senso, indican que en 2021 o remanente dos gastos de persoal foi de 12 millóns de euros, dos que 3.335.000 euros corresponden a persoal funcionario, 1.686.138 a persoal laboral, 974.000 á partida para plans de emprego e 3.538.800 á partida de Seguridade Social.

“Deixar morrer os servizos públicos”

“Como estamos a denunciar ano tras ano, este aforro non é puntual nin casual, máis ben é unha estratexia de deixar
morrer os servizos públicos”.

De feito, lembran que o remanente de 2020 foi de 8.484.383 euros, mentres que o ano anterior situárase nos 5.823.646. Por iso cualifican de “inmoral” que se considere “unha boa xestión” o aforro no gasto de persoal.

284 prazas sen convocar dos anos 2017 a 2021

“Cando é máis ben todo o contrario, pois temos un total de 284 prazas pendentes de convocar das ofertas de emprego de 2017, 2018, 2019, 2020 e 2021, ás que hai que engadirlles as correspondentes á oferta do 2022 que está sen aprobar (outras 40/45 prazas máis)”.

Neste senso, entenden que “non hai xustificación que ampare este atraso de tantos anos na convocatoria das ofertas e, moito menos, coa finalidade de aforrar cartos para logo gastalos en ascensores”.

Nos orzamentos deste ano ‘amortízanse’ 38 prazas

Finalmente, fan fincapé en que nos orzamentos deste ano amortizáronse 38 prazas, principalmente dos servizos de
obras, mentres que non hai moitos meses que se privatizou parte do Servizo de Deportes. “A isto hai que engadirlle as novas que nos chegan de futuras privatizacións”, rematan.

También te puede interesar