A concellería de Cultura e Festexos do Porriño informa de que este venres, día 4, celebrarase o Desfile de Comparsas de Entroido aprazado onte pola choiva.
Dende as 19:30 h.
As comparsas sairán dende o Pavillón Municipal ás 19:30 h e completarán o percorrido habitual: Antonio Palacios, Avda. Domingo Bueno, Travesía Fernández Areal, Manuel Rodríguez e Ramón González.
O sábado, día 5 terá lugar o Enterro da Sardiña, nos mesmos horarios previstos na programación.
Restricións e cortes de tráfico o venres 4 de xaneiro
Dende as 15:00h prohíbese estacionar nas seguintes rúas:
• Fernández Areal, dende o número 1 ata a o cruce coa Avda. Domingo Bueno.
• Antonio Palacios, dende o cruce coa rúa Cruceiro ata a rotonda dos Aloques.
• Doantes de Sangue, ambas marxes que afectan a toda a fachada do CEIP Fernández López.
Dende ás 19h cortarase o tráfico na rúa Doantes de Sangue.
Dende ás 19:30h e ata que finalice o desfile cortarase o tráfico nas seguintes rúas:
• Antonio Palacios, desde cruce do Pavillón Municipal ata a rotonda dos Aloques.
• Domingo Bueno, ata cruce con Fernández Areal.
• Fernández Areal, cruce Avda. Domingo Bueno ata o número 1.
• Manuel Rodríguez, dende o Celtiña.
• Ramón González.