O 061 asistiu a 58 persoas feridas en 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 4 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 6 de marzo.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 57 chamadas en relación cos accidentes. Os recursos sanitarios mobilizados foron 60.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 9 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 45 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.
En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.