Comarcas Vigo al minuto

22 postos para ‘Merca na rúa’, no Porriño

A feira cambia de data polas previsións meteorolóxicas e celebrarase o sábado 19 e o domingo 20 de marzo

22 postos para 'Merca na rúa', no Porriño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Antía Carrera, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño, Juana Pérez, presentaron a XXV edición da feira de oportunidades «Merca na rúa»

Sábado 19 e domingo 20 de marzo

Este evento, programado para esta fin de semana, tivo que ser aprazado en vista das previsións meteorolóxicas, e celebrarase finalmente o sábado 19 e domingo 20.

22 postos

Serán 22 os postos de venta que se instalen na rúa peatonal, cunha ampla representación de sectores e productos. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algún dos artigos nos que poderedes conseguir descontos desde 60% e ata o 70%, tal e como indicou a presidenta de ACIPOR.

Música e compras

A feira estará aberta ao público o sábado en horario ininterrumpido de 10 a 21h e o domingo de 11 a 20 h. Ademais, para facilitar as compras ás familias, haberá inchables para os máis pequenos e unha visita moi especial, a dos Bolechas que estarán no Merca na Rúa o sábado pola tarde a partir das 17h. O domingo pola mañá, ás 12:30 h., Rafa Fernández ofrecerá un concertó de jazz na praza Arquitecto Palacios.

Non deixes escapar estas ofertas

O alcalde puxo en valor o evento polo seu efecto «dinamizador e por incentivar o comercio local e reactivar a economía da vila nestes momentos tan difíciles» e invitou a toda a veciñanza a encher as rúas e «beneficiarse das ofertas que propñen ao tempo que axudan aos nosos comerciantes».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.