Avanza a posta en servizo da estación de autobuses intermodal de Vigo co inicio das probas de circulación realizadas este martes, pola concesionaria do servizo, a empresa Monbus.
Tamén supervisouse o posicionamento da rede semafórica municipal e o espazo reservado aos portalóns nos accesos á terminal. O obxectivo fundamental desta proba é o de verificar a correcta operatividade funcional destes elementos e, de ser necesario, propoñer cambios antes da posta en servizo da estación atendendo a criterios estritamente técnicos.
Non funcionará ata que o Concello habilite o acceso da autopista
En canto á evolución das obras, a delegada da Xunta sinalou que “seguen a avanzar a bo ritmo” polo que a estación estará practicamente rematada a finais do mes de marzo. En todo caso, incidiu en que non poderá entrar en servizo ata que o Concello acabe habilite o acceso á AP-9.
A parte autonómica xa rematada
Segundo detallou, a estación conta con dous accesos, o da praza da Estación cofinanciado pola Xunta e que que xa está rematado, polo que poderá estar operativo cando se remate a terminal; e un segundo acceso, desde a AP-9.
Neste último caso, indicou, a parte autonómica xa está terminada, pero a obra que está a executar o goberno local, de entronque coa autoestrada, “é fundamental para o inicio do servizo”.
Non pode operar sien acceso aos túneles
A delegada desmentiu así que a estación poida operar sen este acceso estes dous túneles, tal e como afirmou Abel Caballero, pois representa o 65% do tráfico da estación. Así mesmo, explicou que a maquinaria das obras do Concello crúzase co que sería a saída da estación cara á AP-9, e “desde o Concello non se ofreceu solución a esta cuestión polo que non é viable poñela en servizo ata que o municipio remate os accesos”.
2 millóns de usuarios
A estación de autobuses intermodal de Vigo, que permitirá albergar dous millóns de usuarios ao ano e 500 expedicións de autobuses,será o principal nó de viaxeiros do sur de Galicia, tras un investimento de 18 millóns de euros.