A asemblea de traballadores de Ambulancias do Atlántico na área sanitaria de Vigo acordaron convocar folga no servizo programado e no 061 como resposta á negativa da empresa a readmitir a catro compañeiros “despedidos sen xustificación”.
29 e 30 de marzo e do 1 ao 4 de abril
Deste xeito, o servizo de transporte sanitario urxente e programado da área sanitaria viguesa, que xestiona a
empresa Ambulancias do Atlántico, verase afectado pola convocatoria de catro xornadas de paro os vindeiros
días 29 e 30 de marzo e 1 e 4 de abril.
Protesta
A decisión do cadro de persoal da concesionaria deste servizo público adoptouse tras unha nova protesta
diante das instalacións da empresa en Mos o pasado venres, que foi apoiada por traballadores/as de
ambulancias doutras áreas sanitarias como Pontevedra ou Santiago.
Presión sindical
A presión sindical -con numerosas mobilizacións e o anuncio de folga indefinida a partir do 28 de marzo, que
presumiblemente será suspendida- fixo que Ambulancias do Atlántico abandonase o servizo do 061 na área
sanitaria de Santiago e logrou que a actual UTE que xestiona o servizo asumise a reincorporación do traballador
que fora despedido inxustamente nesta zona.
Catro despedidos
No caso de Vigo a empresa négase a readmitir a catro empregados aos que tamén se lles rescindiu o contrato
sen xustificación a pesar de que a compañía non conta con persoal suficiente para cubrir baixas e descansos,
por iso o seus compañeiros optaron por convocar catro xornadas de folga para esixir a súa inmediata
reincorporación.