O Índice de Prezos ao Consumo (IPC), o popular ‘Coste da vida’, medrou en Galicia un 10,5% en marzo, 7 décimas máis que a media española, que foi do 9,8%, segundo informa o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Este dato supón a taxa máis alta en Galicia dende outubro de 1984 -hai 38 anos– cando se rexistraran a un 10,9% interanual.