A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos presentou o pasado xoves, día 7, denuncia ante os Xulgados de Ponteareas pola comisión dun delito de maltrato animal, contemplado no do artigo 337.3 do Código Penal.
Os feitos denunciados teñen que ver con ‘Bondad’ , unha cadela de dous meses, atopada o 28 de marzo de 2022 dentro dun saco pechado, nun monte en Salvaterra. ‘Bondad’, que apareceu rodeada de excrementos, presentaba un gravísimo estado debilidade e desnutrición que non pudo superar, pese aos coidados dos veterinarios, morrendo cinco días máis tarde, o pasado 2 de abril.
Comportameto dirixido a causar dor e sufrimento
Dende Os Biosbardos aseguran que “atopámonos cuns feitos nos que a persoa responsable levou a cabo unha conducta dirixida a causar dor e sufrimento a cadela que tivo como resultado a morte da mesma“, concorrendo o tipo agravado do delito de maltrato animal 337.3 CP.
É preciso lembrar que dende o pasado 5 de xaneiro de 2022, en España os animais son seres sentintes dotados de especial sensibilidade, se ben dito recoñecemento xa o realizaba o Tratado de Funcionamento da Unión Europea e que o Estado ratificou o Convenio Europeo de Proteción de Animais de Compaña.
Actualmente o Anteproxecto da Lei de Protección e Dereitos dos Animais atópase bloqueado e paralizado, “con todo isto acudimos á lexislación vixente en materia de protección e benestar animal recollida nos tipos penais relativos ao maltrato animal, ao novo status que descosifica aos animais, ás normativas de protección autonómica nesta materia e aos Tratados e Convenios indicados anteriormente”.
A educación, esencial
Para os responsábeis de Os Biosbardos, se ben as leis teñen que mudar, esa situación ten que ir acompañada dun cambio na sociedade. Se ben o rexeitamento ao maltrato animal é unha cuestión latente e a perspectiva social mudou nos últimos anos, “falta unha sensibilización e formación en todos os ámbitos sociais, sendo unha pata fundamental o ámbito educativo e sobre todo no ámbito dos operadores xurídicos xa que polo momento dependemos, por desgraza, da súa menor ou maior sensibilidade no ámbito da protección e benestar animal”.
Graves casos de abandono e maltrato que van en aumento
A asociación protectora de animais Os Biosbardos relata o “cansancio físico e emocional que padece o seu voluntariado nos últimos anos ante os graves casos de abandono e maltrato cos que se atopan cada día”.
No ano 2020 Os Biosbardos recolleu 781 animais, a ampla maioría da especie canina e felina, dos cales 605 foron dados en adopción e 56 faleceron polo seu estado de saúde.
En 2021 foron 877 recollidos dos cales 565 foron adoptados e 56 faleceron polo seu estado de saúde, os gastos cuatriplicáronse chegando no 2021 a cifra de 207.554, a asociación está formada únicamente por voluntariado e ven realizando dende hai mais de unha década unha labor social totalmente desinteresada.
No que vai do 2022 recolléronse 217 animais, dos cales 138 foron dados en adopción e 9 faleceron polo seu estado de saúde.