Alejandro Lorenzo ‘Caroca’ (Chenlo, 1976) superou xa a barreira dos 100 días á fronte do Concello do Porriño, cargo a que chegou logo de meses de inestabilidade que levaran á renuncia da súa antecesora, a socialista Eva García de la Torre.
Lorenzo asumiu a Alcaldía en medio da crise xerada pola falla de pago de milleiros de facturas por parte do Concello, con problemas no funcionamento dos servizos públicos municipais e diferencias irreconciliabeis ente parte dos grupos que apoiaran á anterior alcaldesa.
“A nosa primeira prioridade é poñer en marcha os servizos que non funcionaban”
Vigo al Minuto.- Como está hoxe a situación en Porriño?, como foron estes 100 primeiros días de Goberno? e que foi o máis complicado neste tempo?
Alejandro Lorenzo.- A complicación para min non existe… no que realmente insistimos foi en poñer ao día o Concello…no só na tramitación habitual, que estaba apartada nunha esquina, se non polo feito de que os servizos básicos e esenciais se puxeran en funcionamento e da mellor maneira posible…a realidade é que había un montón de servizos que non se estaban cumprindo, que non funcionaban, e esa era a prioridade absoluta deste goberno…claro, había outras moitas xestións e temas que afrontar pero…esa era a primeira labor e a máis esencial.
VAM.- A través dos medios de comunicación vemos que hai moita actividade, prácticamente a diario, na súa opinión, nestes 100 días cal sería a máis salentable?
A.L: … a necesidade de que existan diferentes plans, por exemplo, temos uns viais que están nun estado nefasto, temos uns paques infantiles que están nun estado nefasto… o saneamento… que está lonxe do que necesitamos e temos que intentar chegar polo menos ao 85 ou 90% de todo o noso territorio…o que require unha inversión importante….tamén hai distintos puntos aos que hai chegar en distintas parroquias, algo que vai ser mais complexo, pero temos claro que hai que ir nesa línea…
VAM.- … son moitos puntos de atención…
A.L.- …sí, si, claro…despois no casco urbano hai moitas melloras que facer, estamos levando a cabo numerosos proxectos que sairán a luz dentro de pouco…pero o que está claro, e que todos estes plans, teñen que desarrollar o futuro do Porriño… deben marcar un principio e un fin… o feito de que hoxe se faga unha obra aquí e outra alá, sen ningún tipo de estructura non é aceptable… non o é en ningún concello, e menos no do Porriño… e iso é o que demandábamos cando estábamos na oposición: que se elaboran os plans de sanemamento, plan de infraectruturas e de viais…son as distintas liñas que hai que seguir para garantir todolos servizos, empezando polos esenciais como dixen antes…en iso invertimos estes 100 días, e a verdade e que estou contento… moi orgulloso do persoal que ten este Concello e das concelleiras e concelleiros que me acompañan, porque o seu traballo é diario e tremendo.
“Estou moi orgulloso do persoal que ten este Concello e das concelleiras e concelleiros que me acompañan: o seu traballo é tremendo”
VAM: Cómo é o reto persoal de estar á fronte da alcaldía de Porriño?… cómo se pasa de estar na oposición varios anos a ter que asumir agora esta responsabilidade?
A.L: A actividade que tiña na oposición era continua… pero claro, esto se multiplica varias veces cando se está no goberno…queres chegar a todolos lados porque a demanda da ciudadanía é moi grande…pasas a atender a 20 ou 30 persoas ao día…e ainda así quédamos a idea de que ogallá poidera atender a moitas máis…
VAM.-…serán días de moitas horas…
A.L.-…sí, sí, empezas ás 8 da mañá e terminas ás 10 ou 11 da noite…son xornadas maratonianas todolos días e ainda que o levo ben, teño claro que hai que saber xestionar esta activade frenética…pero gustaríame chegar a todo o mundo… por iso non vou a decir que estou contento, pero sí podo asegurar que estou namorado do meu posto de traballo…
VAM: …ainda que teña a impresión de que falta isto, ou podería ter feito aquelo outro…
A.L: ….claro…pero a verdade é que eu voume super contento a casa… saír a rúa a mín dame a vida e o acuso cando non podo…porque teño que adicar moito tempo a diferentes trámites, moi complexos…pero cando vou pola rúa, síntome satisfeito porque realmente a aceptación é moi grande…
VAM.- …pero o pararán para decirlle que faga unha cousa o para lembrerlle que non fixo a outra…
A.L.- … iso está claro, os veciños sempre van a transitirlle ao alcalde o que necesitan…por iso eu vou xantar cada día aos bares do Porriño, paseo cada día por unha rúa, visito os diferentes establecementos comerciais, distintas empresas…e páramne para decirme “un momentiño, mira, e só quería preguntarche unha cousa”, todo o mundo ten ganas de que a atendas e para min é un pracer… te sintes contento da labor que estás facendo, aínda que seguramente haberá moitas cousas ás que non poderás chegar neste momento… ainda que espero ter a oportunidade de poder facelo.
“Estamos nun promedio de pago que pasa os 500 días…isto supón que o que a lei nos di que temos que facer en 30 días, nós facemolo en 500, e iso non pode ser”
VAM: Nos últimos meses, Porriño foi noticia por constantes diferencias e dificultades políticas … cómo era a situación que atopou cando chegou a Alcaldía? Correspondíase con esa polémica que había?
A.L: O tiña claro xa cando estabamos na oposición e o teño claro agora no goberno… daquela estábamos a demandar unha facturación sistemática fronte a irregular que existía neste concello…mira, somos o concello de Galicia que máis facturas debe a día de hoxe… estamos a falar de 5,5 millóns de euros…creíamos que debería existir unha revisión de oficio e organizar as distintas facturas… crear un procedemento que nos permita, dunha vez por todas, arreglar esta situación… porque estamos nun promedio de pago que pasa os 500 días…isto supón que o que a lei nos di que temos que facer en 30 días, nós facemolo en 500… iso non pode ser, é unha das miñas metas: solucionar canto antes esta situación de facturación do Concello…
VAM.-…ademáis doutros problemas…
A.L.-.…sí, tamén temos outra deuda pendente… e temos que ver tamén como se resolve, co mantemento de auga de Vigo…outro dos problemas mais graves que temos que solucionar é o das canteiras, tamén o do parking…
“Soterrar o paso a nivel pode requerir un investimento de 25 millóns de euros, dos que o Goberno de España achegaría un 60% ou un 70%, como máximo, e o resto correspondería ao Concello do Porriño”
VAM: …sen contar con outros poque, se falamos do Porriño hai temas recurrentes, como o do paso a nivel, e o do Lindano, en que momento están?
A.L: …no que se refire ao do Lindano, hai unha subvención moi importante de Xunta de Galicia, para que o Concello do Porriño iniciara accións para trazar uns plans de actuación que, lamentablemente non se fixeron no seu momento … non falamos só dos xa dos 3 millóns xa coñecidos, senón dun investimento maior porque hai moitas zonas que comprobar para poder elaborar un estudo.
No que se refire ao paso a nivel, tiven dúas entrevistas que con ADIF, por vídoconferencia, e o que me comunicaron é que podemos estar ante unha inversión cercana aos 25 millóns de euros…dos que o Goberno de España achegaría un 60% ou, como moito un 70%, e o resto correspondería ao Concello do Porriño… e temos que ver se o Concello pode financialo e como o faría… creo que o que precisamos é un convenio e ver as posibilidades que existen de que haxa achegas doutras admisnitracións para completar o 100% do custo dunha obra que, non o olvidemos, tiña que asumir o Goberno de España…sen deixar de considerar que non só estamos falando dos 25 millóns que pode custar o soterramento da línea de ferrocarril, se non que o mesmo tempo, tamén habería que disponer de outos 5 millóns, ou se cadra máis, para a humanización da zona dese soterramento… que teríamos que pagar os porriñeses…en definitiva unhas cantidades desorbitadas para un concello coma o do Porriño.
“Presentaremos un proxecto de orzamentos apenas 4 ou 5 meses despois da investidura, algo que o Goberno anterior non fixo en 5 anos”
VAM: Última pregunta: queda prácticamente un ano de mandato, que poden esperar as veciñas e veciños do Porriño da xestión do goberno municipal neste tempo?
A.L: Dedicación e xestión…algo que creo non existía antes… unha xestión que non se estaba realizando, non só nos servizos, se non e todo o tipo de funcións que debe ter un goberno municipal… e despois a adicación na mesma línea. Hai que adicarlle o 100% a un concello que hoxe en día pasa de 20.000 habitantes…que ten unha gran importancia económica…que demanda máis atención ás distintas parroquias, que para min estaban sendo desatendidas…e superar uns orzamentos limitados, que son do ano 2018…algo que o anterior goberno non fixo, porque nos últimos 5 anos non presentara un borrador de presupostos para que fose aprobado polo Pleno…algo que sí imos facer: nun prazo de 4 ou 5 meses, dende a investidura, teremos un proxecto orzamentos para que o Pleno o poida discutir e aprobar, se así o considera.