A Capela de San Benito, no Porriño, foi obxecto dun roubo con forza e destrozos no mobiliario e imaxes. Axentes da Policía Local e da Garda Civil abriron xa unha investigación para dar cos responsables dos feitos.
Os autores do roubo accederon ao interior e fixéronse co lampadario -peto con donativos a cambio de velas iluminadas-, ademais de causar múltiples danos no altar e nas imaxes relixiosas.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, mostrou a súa “rotunda condena” a uns feitos que “non só supoñen un gran dano patrimonial, senón tamén ao sentir de moitos porriñeses e porriñesas”.