O Concello de Nigrán estreou este sábado no núcleo urbano da Ramallosa (ao carón da piscina) o seu primeiro horto urbano comunitario da man da cooperativa local ‘SomosTerra’. En total, 40 familias anotadas participaron na primeira xornada de plantación.
Leitugas, allo, patacas ou amorodos
Nesta sesión inaugural explicouse o sistema de organización e funcionamento da horta para, a continuación, plantar unha azalea no centro que dá sombra a aromáticas (perexil, albáfega, tomiño, ourego, ruda…), ademais de sementar leitugas e allo, porros, acelga vermella, taxetes, patacas e amorodos Todos eles cultivos asociados que se benefician mutuamente. A seguinte sesión estará adicada aos froitos propios do verán: xudía, cabaciño, tomates e pementos.
13 bancais
A principal característica desta horta deseñada en 13 bancais que conforman un hexágono é que é comunitara, todos os usuarios realizarán os traballos conxuntamente polo ben común e non en parcelas de uso individual, distribuíndose a posteriori a colleita de xeito equitativo entre todos. Para elo, Diana, Eva e Raquel, de SomosTerra, establecen un calendario de tarefas para que os inscritos as sigan.