O plan de recuperación e acondicionamento do paseo do Louro deu un paso adiante coa licitación dos traballos de mantemento e limpeza da senda fluvial. Por primeira vez, licítanse mantemento deste espazo, servizo que anteriormente se viña prestando sen contrato.
Limpeza, roza, árbores caídas ou elinación de especies alóctonas
Os traballos abranguen a retirada de árbores caídas e eliminación de ramas perigosas, a limpeza do paseo e recebado seis días á semana, a roza e limpeza de maleza varias veces ao ano, limpeza de embornais e a eliminación de especies alóctonas para plantar árbores autóctonas.
O acondicionamento dos terreos colindantes de titularidade municipal tamén están cubertos, xa que neles se desenvolverán múltiples actividades para que a veciñanza disfrute deste tesouro natural.
23 procedementos de contratación
“En resumo trátase de mellorar e conservar este espazo natural en bo estado botánico e de uso”, explicou o alcalde.”Para iso é necesario facer as cousas ben, contratando dacordo á legalidade, algo no que este executivo se está a volcar e polo que xa se abriron 23 procedementos de contratación administrativa“, lembrou Alejandro Lorenzo.
“Queremos que O Porriño mellore e que o diñeiro da veciñanza se destine a iso, da maneira correcta. Que se gaste con luz e taquígrafos”.
Mellora das pontes
No marco deste plan de recuperación, operarios municipais están a levar a cabo a mellora das pontes e elementos de madeira do paseo.
“O paseo do Louro é un tesouro para nós, unha contorna natural ao carón do casco urbano que temos a obriga de manter en perfecto estado”, concluíu o alcalde.