Cultura Vigo al minuto

Escoitar música en galego no TerraCeo de Vigo, ten premio

Con descontos para os cantantes e grupos que cantan no noso idioma

Escoitar a música en galego do TerraCeo de Vigo, ten premio

O Mar de Vigo lanzará este ano, por vez primeira, unha campaña de desconto para o Festival TerraCeocentrada nos artistas galegos que cantan en galego.

Esta iniciativa poñerase en marcha desde este martes, durante unha semana, ata as 23:59 do 17 de maio, coincidindo coa semana das Letras Galegas, ofrecendo un desconto do 25% a partir de 2 entradas compradas para os eventos de Xisco Feijoó, A Banda da Loba, Berto e Familia Caamagno ou Ortiga e Grande Amore.

Máis cantantes en galego

Dentro das liñas de TerraCeo desta edición, ademais da aposta por máis artistas internacionais, maior presenza de artistas femininas e de consolidar a presenza de artistas novos locais, TerraCeo aumenta tamén o número de artistas que cantan en galego dentro da súa programación.

Segue a programación

O Mar de Vigo continúa en paralelo coa súa programación no Auditorio, onde actuarán a vindeira semana gREAT sTRAITS, o novo proxecto de Óscar Rosende, considerado o “Mark Knopfler galego” e a presentación do novo traballo de Mägo de Oz, ‘Bandera negra’ e a xira de despedida de Los Motores despois de 32 anos sendo uno dos grandes grupos deste país.

Todas as datas dos espectáculos poden consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e na billeterawww.teuticket.com

También te puede interesar