Decimos ‘adeús’ aos chuvascos e saúdamos a días que parecerán máis de verán que e primaveira. Ese é o resume da previsión meteorolóxica que fai MeteoGalicia para as vindeiras xornadas.
Mércores, 18
Será un “día de transición” no que as altas presións irán entrando lentamente en forma de cuña dende o sur dos Azores. Así, teremos unha xornada de ceos con nubes e claros en xeral, con máis nubes ao oeste na primeira metade do día, cando aínda teremos algunha chuvia feble.
As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas experimentarán lixeiros ascensos ata os 25 graos de Ourense; 22 de Lugo; 21 de Pontevedra e Vigo, con 13 de mínima; 20 de Santiago e 19 de máxima en A Coruña e Ferrol.
Xoves, 19
As altas presións localizaranse durante esta xornada ao norte da península Ibérica polo que a estabilidade será predominante. Os ceos presentarán nubes de tipo medio e alto que non impedirán en xeral o paso do sol.
As temperaturas da madrugada serán algo máis baixas que nos días anteriores, pero as máximas ascenderán ate os 28 graos de Ourense; 25 de Lugo; 24 de Pontevedra e Santiago; 23 de Vigo, con 13 de mínima; 21 de Ferrol e 18 graos de máxima en Coruña.
Venres, 20
O venres entrará en Galicia unha masa de aire cálida procedente do norte de África. Deste xeito, o ceo presentará nubes de tipo medio e alto que poderían impedir o paso do sol de sur a norte co avance da xornada.
As temperaruras experimentarán entre un lixeiro a moderado ascenso de xeito que chegarán a 31 graos en Ourense; 28 en Pontevedra e Lugo; 27 en Vigo, con 11 de mínima; 26 en Compostela; 23 en Ferrol e 20 de máxima en A Coruña.