Marea de Vigo leva ao próximo Pleno do Concello a fin do contrato de Vitrasa e a municipalización do servizo de transporte urbano.
“Meses coaccionando ao goberno de Abel Caballero”
Así o Grupo municipal da Marea de Vigo defenderá unha moción pedindo a toma de medidas inmediatas para poñer fin ás dinámicas do Grupo Avanza para co Concello de Vigo. Segundo o voceiro de Marea, é “unha empresa que leva meses coaccionando ao Goberno de Abel Caballero sen ter recibido ningún tipo de contundencia nas resposta e levando ao persoal á conflictividade permanente”.
A situación económica do Concello permite remunicipalizar o servizo
Rubén Pérez apunta que trasladará na moción que “co que queda por amortizar do contrato e cun orzamento expansivo como o noso é asumible xestionar de xeito directo este servizo, a través de empresa pública ou directamente” explica Pérez. “Xa é hora de fiscalizar o o uso dos recursos que pagamos todos os vigueses e viguesas polo transporte público” engade.
Igualmente, “ante a posible quebra da concesión, e sendo este un argumento tamén utilizado polo Grupo Avanza – incide Pérez -, propoñemos que a primeira opción deberá ser a xestión directa do servizo” .
“Ameazas permanentes” de Vitrasa
En todo caso, Marea de Vigo considera que as actuacións de Vitrasa e as permanentes ameazas de recortes de dereitos no seu persoal, “son razóns máis que suficiente para que o Concello se propoña volver a ter unha empresa 100% pública” conclúe o voceiro.