O presidente da Xunta asegurou nunha entrevista concedida á Cadena Cope que a visita de Juan Carlos I a Sanxenxo é “unha magnífica noticia”.
Pon a Galicia no mapa
Alfonso Rueda, que asegurou non ter confirmación da viaxe do anterior xefe do Estado a Galicia, comentou que cando estivo outras veces en Sanxenxo a súa estadía tivo un “impacto positivo” polo “agarimo da xente” e o “beneficio” que supón, tanto para este concello como para toda a Comunidade, “dende o punto de vista de poñernos no mapa”.