Considerando que estamos nunha época de grande demanda e de exames, a sala de lectura do Auditorio Mar de Vigo amplía o seu horario de funcionamento desde este venres, 20 de maio, e ata o 15 de xullo. Así o horario de apertura, de luns a domingo, será dende as 9 da mañá ata as 00:00 horas da noite.
Ata o de agora a biblioteca permanecía aberta de 9 a 21 horas, polo que o goberno local aumenta o servizo tres horas máis cada día para dar máis facilidades ás persoas usuarias.
No caso do resto das salas de lectura dependentes do Concello, mantense o horario establecido ainda que dende o Goberno local estarán “atentos á demanda”, para ampliar o servizo no caso de que fose preciso.