Destacados Vigo al minuto

Malestar en Teis polas obras paralizadas na rúa Purificación Saavedra

Os traballos comezaron en outubro de 2021

Denuncian que el Gobierno local no ha gastado ni un euro de los 2,5 millones que tiene para asfaltados

A Asociación Veciñal de Teis, vén de denunciar publicamente que desde hai máis de 2 meses a paralización das obras da II fase da humanización na rúa Purificación Saavedra, no tramo entre a rúa Foxos e a rúa Enrique Lorenzo. 

Obras dende outubro de 2021

As obras comezaron hai meses en outubro de 2021 e está sen finalizar, “coas molestias que isto supón para a veciñanza ao tratarse dunha rúa moi transitada e sendo nun dos acesos o mercado de Teis“.

Sen resposta do Concello

A pasada semana a Asociación dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, denunciando está situación e demandando a finalización das obras na rúa Purificación Saavedra, “sen recibir unha resposta a día de hoxe”.

Os veciños descoñecen os motivos para a paralización destas obras, desde hai tantos meses e cando tiñan que estar finalizadas e esixen a súa finalización á maior brevidade.

También te puede interesar