Desde as 15,00 horas do venres 20, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 22 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico.
Neste tempo asistiu a 53 persoas que resultaran feridas nun total de 43 sinistros, especialmente o mesmo domingo, no que rexistráronse 15 deles.
Os recursos sanitarios mobilizados foron 50. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 7 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 42 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria nun accidente.
En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.