A conselleira do Mar defendeu este xoves en Vigo as vantaxes sanitarias e sociais que aporta incluír produtos do mar na dieta. “A poboación galega forma parte da elite mundial da lonxevidade e iso debémosllo á nosa magnífica
xenética, pero tamén á nosa excelente alimentación, cuxo eixo son os produtos do mar”, sinalou Rosa Quintana durante o congreso ‘Pescado, fonte de alimentación saudable’, organizado por Interfish-España.
Os galegos, os segundo máis lonxevos do Estado
Quintana ixo referencia a que Galicia ostenta o segundo posto como a poboación máis lonxeva de España e relacionou este feito con que o peixe sexa un dos alimentos fundamentais desde a infancia entre as galegas e os galegos.
Neste sentido, a responsable autonómica sinalou a importancia de concienciar e promover hábitos de vida saudables, a través de programas educativos e campañas de divulgación coas que fomentar a cultura alimenticia de Galicia entre os máis pequenos e a xente nova, a xeración millennial.
Eleccións alimentarias saudables
Rosa Quintana incidiu tamén na necesidade de formar á cidadanía no coñecemento, valores e actitude necesarias para poder realizar as eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables.
Unhas accións, explicou, que tamén contribúen a recoñecer o labor dun sector que resulta fundamental para Galicia como é o marítimo- pesqueiro e que foi declarado como esencial durante a alerta sanitaria pola Covid-19.